23.12.04

xogando coas pensións

Chegan estas datas e o goberno "reinante", sexa da cor que sexa, tanto monta, monta tanto (ou, como se diría, PSOE e PP a mesma merda é), ponse a augurar a subida das pensións e cacarexalas pola TV, coma se non fose de recibo que as pensións suban cando menos a mesma porcentaxe do IPC. Coma se non fosen subir de non ser porque temos aí ese goberno salvagarda das nosas economías. O PP fartouse de xogar con este tema e agora o PSOE (ao que xa lle coñecemos as mañas de hai anos) volta facer o mesmo.

Enfin, como queira que eu xa terei que facer un plan de pensións se quero cobrar algo cando chegue alá...