victimas do terrorismo
Hoxe estiven a ver as comparecencias na Comisión do 11-M d@s representantes das víctimas. Para empezar chocoume bastante que un deles fora víctima de ETA e non do 11-M. Que pintaba alí? Pois ir a provocar. Pilar Manjón fixo unha alocución íntegra, sentida, responsable e imparcial, abroncando por igual a uns e outros. Pero Alcaraz só foi alí a atacar aos partidos que a el non lle gustan. Non se supoñía que se ía alí a falar do 11-M e da visión das víctimas dese atentado?
Baste un exemplo: xusto despois da comparecencia de Pilar Manjón, na que en varias ocasións repetiu con bágoas nos ollos que ás víctimas lles gustaría que se deixase de usar a súa dor políticamente, chega Alcaraz e o primeiro que di é que el non tén carné de partido ningún, senón que na carteira leva como único carné as fotos dos familiares que ETA lle asesinou metres amosaba tais fotos. Eso non é utilizar a súa dor?
Que me perdoen, pero eu non o entendo. Eu podo comprender a dor por eses familiares, pero non que os utilice así nunha comisión de investigación que, ademáis, trata dun atentado que non tén nada que ver con el.
Non sei, poida que me equivoque, pero non acabo de entendelo.
Supoñía que víctimas somos todos, pero resulta que hai víctimas de primeira e de segunda. Mesmo pode que de terceira.


0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home