eu son un bicho raro
Hai veces que penso que a xente que me rodea (no traballo, en clases, na rúa, no ximnasio...) opina de min que son un bicho raro. Porque penso diferente, porque teño as miñas ideas e as defendo, porque penso, escribo e falo galego... PORQUE PENSO! Simplesmente por pensar son un bicho raro. Asi que xa sabes, se queres ser "normal", se queres ser coma os demáis, non penses. Só vive a túa vida conforme cha van ditando, sen protestar, sen opinar, sen dicir, sen pensar. Ti cala, tira para adiante e confórmate co que hai.
Resulta que se participas en política es coma eles (eses monstruos!), e cando algo non gosta, ou non é como a xente pensa que debería ser, entón dicimos que todos os/as políticos/as son iguais e calamos a boca. Que fagan o que lles pete. NÉGOME! Se eu penso que algún/ha político/a non fai algo ben, entón o primeiro que fago é dicilo, despois actuar para cambialo.
Como detesto o conformismo. E o certo é que hai moito ao meu redor.


0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home