Seica non chove a gusto de todos
Esta mañá escoitei nun "debate" (asi, entre aspas, porque era no medio dun programa do corazón!) que seica a cumbre iberoamericana trouxo desacordos entre o PSOE e o PP. Mira ti por onde! E cando están estes de acordo? Ah! Si! Cando se trata das nacións que forman parte dese estado chamado España (y olé). Entón xuntan forzas e berran todos xuntos: basta ya! O que vén sendo algo así como: nada deso! Porque, digo eu... que lles molestará tanto de que un pobo sen estado queira conseguir autogoberno? Que é o que lles proe cando Galiza pide ser dona das decisións que afectan ao seu futuro? Nada, que así nos vai: reconversión naval, desertización do interior, abandono do campo, a pesca ao carallo e todos tan contentos porque se presenta Don Manuel!
Estamos salvados.


0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home