26.11.04

Nirgendwo in Afrika

Nirgendwo in Afrika. Este era o título orixinal en alemán da película (en versión orixinal) que fun onte ver ao cine. E gustoume moito. Trata dunha familia xudea que en 1933, tén que emigrar a Kenia para fuxir da política nazi de Hitler. E de como teñen que adaptarse a vivir nunha cultura tan diferente. O filme tiña moitos detalles interesantes moi extrapolables á época actual. Como cando a moza xudea, que en Alemania vivía unha vida acomodada, chega á casa onde van vivir (como colonos granxeiros) e trata co cociñeiro keniata. Ao principio trátao mal, co desprecio típico de quen se cré superior. Ela, que viña de fuxir dun goberno que a trataba con superioridade por crerse dunha raza superior. A contradicción é obvia. Ou cando lle explica á súa filla (branca e loira) que non debe "misturarse" cos nativos, que son doutra raza, diferentes. Tén graza. Ao final do filme, por suposto cambia a súa visión do mundo, chegando a dicir que en África aprendera o importantes que son as diferenzas.

A lección non podía ser mellor: as diferenzas son cultura, engrandécennos e enriquécennos.