24.4.06

PECHADO POR MUDANZA

MÚDOME. CREO QUE XA VAI SENDO HORA DE DEIXAR ESTE BLOG. GRAZAS.

1.11.05

Chegaremos a eso?

Hoxe andei por Chaves de visita. Tratabase da "Féria de Santos", enorme mercado que dura varios días.
Paseando por ali, de socato ouvin música india, e dirixin a mirada cara alí. Eran catro homes, indios, se non puros, alomenos sí descendentes de indios, que ataviados con roupas semellantes ás que viamos nos filmes do oeste, bailaban ao son da música unha especie de danza que supoño que sería algo semellante ás que bailaban os seus antergos.
Caeuseme a alma aos pés, e comecei a chorar. Porque pensaba que toda unha civilización, unha forma de vida, unha cultura, varias linguas, todo o que significou algún día a raza nativa de América (neste caso do Norte) era nese momento unha atracción de feira. Toda a xente miraba como eles bailaban e eu mireilles aos ollos e pareceume ver a súa impotencia, a súa frustración por ter que usar a súa cultura para exibila e deturpala dese xeito para gañar o pan. Eles, cuxos antepasados algún día foron tan sabios e poderosos, agora poñían a súa dignidade alí á vista de todos.
Choraba de rabia por velos ali, facendo da súa cultura e dos seus orixes un espectáculo para morbosos e curiosos.
Choraba de rabia porque imaxinei a algún galego facendo o mesmo nun futuro, paseando as muiñeiras, as pandereteiras, a nosa música polas feiras como se se tratara dunha cousa extrana, dunha curiosidade, dun monstro nunca visto.

E levamos camiño deso.

14.10.05

NON.

Si dixese que sí,
que todo está moi ben,
que o mundo está moi bon,
que cada quen é cada quen...
Conformidá.
Ademiración...
Calar, calar, calar,
e moita precaución.
Si dixese que acaso
as cousas son esí,
porque sí,
veleí,
e non lle demos voltas.
(Si aquil está enriba
i aquil outro debaixo
é por culpa da vida.
Si algunhos van de porta en porta
cun saco de cinza ás costas
é porque son uns docas.)
Si dixera que sí...
Entón sería o intre
de falar seriamente
da batalla de froles
nas festas do patrón.

Pero NON.


Celso Emilio Ferreiro.
Longa noite de pedra.

4.10.05

a vida real

Unha enrédase coas cousiñas que se lle presentan na vida real e deixa de existir na vida virtual durante... catro meses!!!!
Sintoo moito se segues o meu blog, en primeiro lugar porque non creo que sexa nada especial como para seguilo, asique se o fás é unha boa faena que te deixe colgad@ durante tanto tempo; e por outra banda, porque escribir sempre está ben, como terapia, como divertimento, como pasatempo, pero sobre todo como desafogo.
Tentarei ser máis constante, que é unha das virtudes das que carezo totalmente.

26.5.05

hai que botalos!

Aqui vos enlazo coa páxina de hai que botalos. Nela podedes descargar as curtametraxes nas que se denuncia a situación da Galiza e aos que así a puxeron.
Nas nosas mans está cambialo. Botémolos.

10.5.05

blog de comentario político

Convídote a visitar o blog sobre a actualidade política e as eleicións do 19 de xuño que veño de abrir na páxina http://www.eleccionesgallegas.com/
O título do meu blog vén sendo: pesos a catro pesetas, vendo voto barato e nel vou facer, de aquí ás eleicións un percorrido polos acontecementos e promesas eleitorais que se vaian sucedendo. E segundo me vaian parecendo irei calificando aos principais candidatos. Unha vez chegada a xornada de reflexión farei reconto e votarei ao que mellor puntuación acadara.

Non o perdas, ao mellor tamén che orienta a ti!

9.5.05

herdeiro para a herdanza e mulleres kleenex

Xa temos herdeiro! Anda o poleiro revolucionado coa nova esa de que a Letizia vai ser nai, e con eso, o príncipe vai ter quen lle herde a coroa.

E digo eu que, de ser a tal Letizia unha muller intelixente como se lle supoñía non tería participado nesta farsa absurda. Porque, digo eu, a que muller lle presta ter como papel nesta vida o ser o recipiente para xestar un príncipe e nada máis que eso?
Vendo os telexornais da a sensación de que a Letizia é só eso: un recipiente. Falan da boa nova, de que o príncipe vai ter herdeiro para a coroa e todo eso, e da a sensación de que a coroa só quería unha femia para que lle dera un herdeiro ao príncipe e nada máis. Asique a tal Letizia non deixa de ser un frasco, unha muller utilizada, porque de momento os homes non poden ter fillos e ao príncipe facíalle falta un fillo, polo tanto unha muller, conseguiu a muller e xa lle está a facer de envase para o seu retoño. O colmo do machismo.

Vivan as mulleres florero.